Rede galega de empresas
A REDE GALEGA DE EMPRESAS, comprometida cos negocios en simbiosis coa cultura, solidariededade e identidade do país, busca alcanzar un maior nivel de desenvolvemento económico e social que posibilite xerar proxectos que doten a Galiza dun espazo económico forte.
Como empresarios e empresarias do país, con capital galego e fiscalidade en Galiza, buscamos colocala nunha dimensión internacional. De ahí que xurdira a Rede Galega de Empresas, dende a que estamos a crear un escenario que posibilite a xeración de confianza entre os participantes da rede, potenciando acordos de cooperación con apoio financeiro.
Procuramos buscar unha real competitividades do empresariado galego, e isto pasa por enlazarnos todos os sectores nun proxecto de accións coordinadas e eficaz de conxunto, que teña o seu epicentro nun poderoso sistema produtivo galego, que urxe afianzar. Xerando unha converxencia beneficiosa, para o empresariado e a sociedade galega, dentro da necesaria diversidade produtiva e económica do empresariado galego.
Lograr en simbiosis coas administración galegas, que os recursos económicos da Galiza, non sexan extraterritorializados sen xerar beneficio algún na económia galega, ao tempo que buscamos alternativas especificas para afrontar aquelas economias globalizadoras e especulativas que traben o crecemento normal do empresario e sociedade en xeral.
Comments